CCOO Ensino consegue incorporar emendas clave á futura Lei de Educación Dixital de Galicia

CCOO Ensino fomos o sindicato que máis emendas presentou ao anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia no trámite do Consello Escolar de Galicia. En total, achegamos 78 emendas co obxectivo de mellorar unha norma que terá un impacto directo na organización dos centros, no traballo do profesorado, nos dereitos do alumnado e das familias e no funcionamento ordinario do sistema educativo.

A atención á diversidade notarase nos centros, seguiremos traballando para que non quede só nun anuncio

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF, no marco do traballo conxunto que vimos desenvolvendo nos últimos anos en defensa da mellora do ensino público galego e das condicións laborais do seu persoal, especialmente a través do Acordo sobre medidas de mellora do sistema educativo valoramos positivamente que a atención á diversidade se sitúe no centro da axenda … Ler máis

CCOO Ensino urxe á Consellería protocolos claros fronte ao acoso e ás violencias machistas nos centros educativos

CCOO Ensino expresa a súa profunda preocupación polas informacións publicadas nos últimos días arredor da campaña “Espazos Educativos Libres de Violencias Machistas”, impulsada pola Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, e comparte a necesidade de garantir que todos os centros educativos sexan espazos seguros, libres de abusos, acoso, violencia e impunidade. Sen prexuízo da necesaria prudencia, da confidencialidade dos procedementos … Ler máis

CCOO e UGT denunciamos “o bloqueo intolerable da Secretaría de Estado de Seguridade Social á xubilación parcial nas Administracións públicas”

Segundo os sindicatos, a Secretaría de Estado de Seguridade Social ten paralizado desde hai máis de dous meses un acordo de xubilación parcial pactado con UGT e CCOO, e mantén secuestrado un dereito de miles de empregadas e empregados públicos. A Federación de Servizos Públicos de UGT e a Área Pública de CCOO denuncian “a actitude inxustificable da Secretaría de … Ler máis

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.