Información sobre permutas para o curso 26-27
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
A xustiza europea volve cuestionar que o ordenamento español dispoña de medidas realmente eficaces, disuasorias e proporcionadas fronte ao abuso na contratación temporal.
CCOO mantén que a solución de fondo esixe unha reforma normativa clara, que adapte plenamente o noso sistema ás esixencias do Dereito da Unión Europea.
Este 31 de marzo, Día Internacional da Visibilidade Trans, desde CCOO Ensino queremos reafirmar o noso compromiso cunha educación pública inclusiva, diversa e libre de discriminacións.
Esiximos a convocatoria dunha Mesa Sectorial para abordar o novo “Programa de IA para a Educación”, anunciado sen consulta previa ao profesorado. Reclamamos transparencia, participación sindical e garantías para evitar nesgos e preservar a equidade, a inclusividade e a calidade do sistema educativo.
Ante as noticias que están publicando nos medios de comunicación sobre a xubilación parcial anticipada do persoal laboral no sector público, desde a Área Pública de CCOO e a Federación de Servizos Públicos de UGT comunican que, desde a publicación do RDL 11/2024 para a mellora da compatibilidade da pensión de xubilación co traballo, as dúas organizacións traballaron denodadamente para … Ler máis
Queremos expresar a nosa posición ante o nomeamento de Santiago Freire como director territorial. Consideramos que o perfil designado non é o máis axeitado, ao non contar cunha traxectoria vinculada ao ensino nin aparentemente cun coñecemento específico do sistema educativo galego.
A Mesa Sectorial estatal sobre o anteproxecto de lei de xornada e ratios rematou sen cambios de fondo respecto do xa coñecido nos grupos de traballo.
A proposta recolle avances como a baixada progresiva de ratios, a redución da xornada lectiva máxima e a contabilización dobre do alumnado con NEE, pero desde CCOO consideramos que segue sendo insuficiente.
Reclamamos que tamén conte dobre todo o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, unha aplicación máis rápida da baixada de ratios, máis recursos de orientación e apoio especialista, e medidas urxentes para mellorar as condicións laborais do profesorado.
O 10 de marzo tivo lugar a mesa sectorial sobre o concurso de direccións 2025/26. Consulta a nosa intervención.
Non podemos permitir que se sigan adxudicando servizos esenciais a entidades que recortan na seguridade dos seus empregados e empregadas.
CCOO Enseñanza buscará a mellora do anteproxecto que se abordará no próximo encontro.
Convén lembrar que algunhas das medidas propostas xa están en marcha en Galicia grazas ao “Acordo sobre medidas de mellora” (le tamén a Addenda de febreiro de 2026).
En CCOO traballamos para obter melloras reais por medio da negociación tanto co Ministerio a nivel estatal como coa Consellería a nivel autonómico.