As traballadoras e os traballadores dicimos “Xa abonda! ” ao xenocidio contra o pobo palestino

O Estado de Palestina, e especialmente a poboación de Gaza, está a ser vítima dun xenocidio, crimes de guerra e de lesa humanidade, deportacións masivas e destrución das súas vivendas e infraestruturas.

A fame está a ser utilizada como arma, condenando a unha morte segura a decenas de miles de persoas, na súa maioría nenas e nenos, e estase a negar o acceso á axuda humanitaria, o que constitúe crimes de guerra.

A clase traballadora palestina é quen máis está a sufrir as consecuencias da masacre. Traballadoras e traballadores de todos os sectores están a ser asasinados, tamén persoal sanitario, de ONGs e xornalistas, cuxo único delito foi intentar dar a coñecer a magnitude dos crimes que o goberno de ultradereita de Israel está a cometer en Gaza.

As persoas traballadoras condenamos a política de xenocidio, de colonización ilegal de territorios na Franxa de Gaza e en Cisxordania e a usurpación de bens palestinos por parte de Israel, e ante a aparente indiferencia da comunidade internacional, esiximos o fin do xenocidio e da masacre contra o pobo palestino.

CCOO e UGT convocamos unha xornada de loita o vindeiro mércores, 15 de outubro, en todos os centros de traballo públicos e privados do territorio, con asembleas, concentracións e calquera outra forma de denuncia do xenocidio do Estado israelí.