Recoñecida a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio da USC

A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.

O PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN TAMÉN VERÁ RECOÑECIDO O COMPLEMENTO SALARIAL POR CARREIRA PROFESIONAL HORIZONTAL

O desenvolvemento da carreira horizontal, tamén para o persoal investigador e de apoio á investigación, xunto coa estabilización como persoal fixo dos contratos máis antigos e o desenvolvemento da contratación indefinida foron, dende as últimas eleccións sindicais, algúns do principais obxectivos da sección sindical de CC.OO na USC. Hoxe podemos anunciar que o próximo mércores 17 se procederá á firma oficial do acordo … Ler máis

Categorías USC