No Día do Ensino celebramos a reapertura de negociacións co Ministerio

Desde CCOO Ensino celebramos neste Día do Ensino en Galicia que a presión sindical exercida onte, 30 de outubro, por CCOO, UGT e CSIF en todo o Estado obrigase ao Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública a reabrir as negociacións. As concentracións diante do Ministerio e das subdelegacións do Goberno en todas as provincias amosaron o malestar crecente das traballadoras e traballadores públicos ante a parálise das negociacións e o deterioro xeneralizado dos servizos públicos.

O XOVES 30 DE OUTUBRO PROTESTAS EN TODA ESPAÑA CON CONCENTRACIÓNS FRONTE ÁS SUBDELEGACIÓNS DO GOBERNO 

CCOO e outros sindicatos convocarán folga en decembro se o Goberno segue sen negociar a subida salarial.  CCOO, UGT e CSIF inician un calendario de mobilizacións en toda España en protesta polo bloqueo á a negociación colectiva do Ministerio de Función Pública, que mantén conxeladas as nóminas deste ano e impide un novo acordo salarial, entre outras melloras de condiciones laborais. … Ler máis

Categorías USC

PUBLICADO NO DOG O ACORDO DA CARREIRA HORIZONTAL DO PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO

Hoxe  luns 27 de outubro, publícase no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se dispón a inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon) do acordo asinado o pasado 17 de setembro por CC.OO e outros sindicatos para o desenvolvemento do proceso extraordinario de encadramento e acceso aos graos da carreira … Ler máis

Categorías USC

Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a unidade sindical

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego. 

Ao igual que sucedeu na folga do 25 de setembro, non tiñamos pensado pronunciarnos ata despois da convocatoria de folga que se fixo sen contar con nós para os días 28 e 29 de outubro. Mais como ocorreu a finais de setembro, cando se pretendeu facer ver que existía un apoio maioriatrio do profesorado galego á folga, as manipulacións que estamos presenciando obrígannos a facer público o noso posicionamento (unha vez máis).