CCOO, UGT e CSIF convocarán folga en decembro se Función Pública segue sen negociar a suba salarial

O 30 de outubro comezan as protestas en toda España, cunha concentración fronte ás subdelegacións de Goberno e o Ministerio de Función Pública en Madrid.
O Goberno utiliza como escusa a falta de Presupostos para conxelar o soldo ás empregadas e os empregados públicos e bloquear un novo acordo salarial.

CONVOCADOS PAROS PARCIAIS O 15 DE OUTUBRO EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

CCOO e UGT convocan paros de dúas horas en cada quenda de traballo este mércores 15 de outubro como mostra de solidariedade co pobo palestino e para esixir o fin do xenocidio perpetrado polo Estado de Israel en Gaza. A Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (UNRWA) alerta de que a poboación de Gaza está desprazada, sen auga, … Ler máis

Categorías USC

Proposta de x­ornada e ‘ratios’: un avance insuficiente

O Ministerio retoma a negociación cunha proposta que incorpora algunhas demandas de CCOO, pero que segue sendo insuficiente ante un sistema educativo tensado e un profesorado exhausto. Esiximos medidas máis ambiciosas e aplicables de inmediato para reducir ratios, garantir unha xornada homoxénea e mellorar as condicións laborais do persoal docente.