CONVOCADOS PAROS PARCIAIS O 15 DE OUTUBRO EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

CCOO e UGT convocan paros de dúas horas en cada quenda de traballo este mércores 15 de outubro como mostra de solidariedade co pobo palestino e para esixir o fin do xenocidio perpetrado polo Estado de Israel en Gaza.

A Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (UNRWA) alerta de que a poboación de Gaza está desprazada, sen auga, sen alimentos e sen atención sanitaria básica, sobrevivindo en condicións infrahumanas que multiplican a fame, as enfermidades e a morte.

O uso da fame como arma de guerra, ademais dun crime contra a humanidade, é unha crueldade e unha humillación máis para o pobo palestino. A falta de servizos básicos e auga potable están a provocar unha expansión acelerada de enfermidades, mentres milleiros de persoas, en especial mulleres, nenas e nenos, sofren as consecuencias da inacción internacional.

As persoas traballadoras condenamos a política de xenocidio, de colonización ilegal de territorios na Franxa de Gaza e en Cisxordania e a usurpación de bens palestinos por parte de Israel. Instamos a comunidade internacional a reaccionar e deter o masacre.

Dende CCOO convocamos paros con cobertura legal, asembleas e concentracións, e minutos de silencio e actos de solidariedade en todo o estado e a todos os niveis coa esperanza de que o sufrimento dun pobo axude a unirnos e gritar unha vez mais e con mais forza un ¡Nunca mais!

VIVA PALESTINA LIBRE