CCOO Ensino denuncia a ausencia de negociación real na Mesa Xeral sobre a Lei de Medidas 2026
Criticamos a falta de diálogo e reclamamos melloras salariais, de conciliación e de dereitos para o persoal educativo.
Criticamos a falta de diálogo e reclamamos melloras salariais, de conciliación e de dereitos para o persoal educativo.
CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, ante a actitude “de aproveitamento do noso traballo” por parte doutras organizacións sindicais, vémonos na obriga de publicar os froitos do labor feito nas últimas semanas a través das reunións técnicas da comisión de seguimento do Acordo sobre medidas de mellora.
CCOO é a organización que, co seu traballo e propostas, está a conseguir os avances e melloras actuais, pero debemos acadar máis.
Moitas das reivindicacións de CCOO derivan directamente do Acordo sobre medidas de mellora asinado en Galicia, no que seguimos traballando para o seu completo desenvolvemento, ao tempo que intensificamos as negociacións a nivel estatal para conseguir progresos máis ambiciosos e duradeiros.
CCOO continúa realizando accións de presión e negociadoras para exixir solucións inmediatas á situación actual da xubilación parcial e para garantir o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Goberno. En decembro de 2024, CCOO, UGT e o Ministerio de Función Pública firmaron un acordo para devolver ao persoal funcionario o dereito á xubilación parcial anticipada que fora eliminado do Estatuto Básico del Empregado … Ler máis
Desde CCOO Ensino queremos recordar o incremento das necesidades educativas asociadas aos factores de vulnerabilidade social que teñen os e as menores.