Curso en liña: «Presente e futuro: a memoria de prácticas»

30 horas

Este curso está pensado para acompañarte, paso a paso, na elaboración da memoria que debes presentar ao remate da túa fase de prácticas como funcionario ou funcionaria docente en prácticas. A través de módulos curtos, claros e prácticos, irás construíndo a túa memoria paso a paso.

O curso non só che ofrecerá recursos e orientación para redactar a memoria, senón que tamén che axudará a comprender mellor a fase de prácticas, as obrigas que implica, e os procesos administrativos vinculados (como a alta en MUFACE ou a participación no concurso de traslados). Cada módulo inclúe explicacións claras, exemplos reais ou modelos orientativos, e actividades entregables que te guiarán na creación progresiva do teu documento final.

Ao final do curso, deberías contar cunha versión completa da túa memoria, coidada tanto no contido como na forma, lista para ser entregada.

  • Lugar de celebración: Plataforma de teleformación de CCOO Ensino (Moodle).
  • 30 horas.
  • Datas de celebración:
    • 🗓 Do 1 ata o 21 de decembro de 2025.
    • 🗓 Do 8 de xaneiro ata o 1 de febreiro de 2026.
  • Titoras: Patricia Pereira, Fátima González, Sarai Rodríguez e Tamara Cambra.
  • Custo: De balde.
  • Prazas: 150.
  • Prazo de matrícula: ata completar prazas.
  • Solicitada homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Obxectivos

  • Acompañar o profesorado en prácticas na elaboración progresiva e guiada da memoria final.
  • Favorecer a comprensión das obrigas, trámites administrativos e aspectos normativos vinculados á fase de prácticas.
  • Potenciar a reflexión crítica e profesional sobre a propia experiencia docente.

Contidos

  • A fase de prácticas como etapa formativa: finalidade, normativa aplicable, obrigas administrativas (alta en MUFACE, participación no concurso de traslados) e criterios de avaliación.
  • Estrutura, finalidade e elaboración da memoria de prácticas: planificación do documento, función dos distintos capítulos e orientación para a súa redacción.
  • Redacción do capítulo de introdución: traxectoria profesional, motivación persoal e contextualización da etapa de prácticas.
  • Análise do contexto educativo: características do centro, estrutura organizativa, oferta educativa, documentación institucional e factores socioculturais do entorno.
  • Descrición e análise da actividade docente: planificación didáctica, metodoloxía, avaliación, atención á diversidade, acción titorial e coordinación docente.
  • Reflexión persoal e valoración global da fase de prácticas: aprendizaxes, dificultades, logros e evolución profesional.
  • Aspectos técnicos e formais da memoria: redacción clara e coherente, deseño da portada, bibliografía, anexos e referencias lexislativas.
  • Uso autónomo da plataforma Moodle como contorno de aprendizaxe: navegación, consulta de materiais, participación nos foros e entrega das actividades.

Guía do curso

Formulario de inscrición