Valoración de inicio de curso 25-26

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora” convocamos hoxe aos medios para facer balance da aplicación das medidas incluídas neste acordo, con motivo do inicio de curso 2025/2026.
O noso balance é sereno e construtivo: recoñecemos avances que xa se notan nos centros, pero tamén sinalamos compromisos aínda pendentes de executar na súa totalidade.