Na reunión celebrada o 12 de setembro de 2025 coa Directora Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para informar ás organizacións sindicais da solución ao problema xurdido en relación co concurso de traslados dos corpos especiais, resultado da imposición de medidas cautelares que afectan a 8 prazas que quedan bloqueadas e non se adxudicar na toma de posesión, informóusenos do seguinte:
- Haberá unha modificación de RPT para poder crear as prazas suficientes para ofertar a toma de posesión a todas as persoas adxudicatarias dunha praza no concurso (292 persoas).
- Crearanse prazas con código propio (non código cero), coas mesmas características das prazas afectadas polas medidas cautelares: mesmo nivel, mesma localidade, mesmos requisitos, mesmas retribucións para dar solución as persoas afectadas polas medidas cautelares.
- Os destinos adxudicados terán carácter definitivo.
- A toma de posesión de todas as escalas realizarase nun único acto, e a elección será por orde cronolóxica de convocatoria, incluída as da Lei 20/21 (primeiro concurso e logo concurso-oposición). Nas escalas que teñan prazas dos Subgrupos A1 e A2, irá primeiro o A1 e segundo o A2.
Dende CCOO trasladámoslle á directora xeral que, aínda que esta non nos parece a mellor solución, é a menos mala e que é tempo de aportar solucións porque os problemas, dos que xa foi advertida en varias ocasións por esta organización sindical, xa están enriba da mesa e mesmo poden reproducirse noutros casos. A mala xestión tanto da selección como da provisión de postos tradúcese en situacións anómalas que prexudican gravemente aos empregados e empregadas públicas.
CCOO insistiulle á Directora en reiteradas ocasións na reunión de hoxe que concretase se esta solución se aplicaría, no caso de posibles futuras sentencias ou medidas cautelares que poidan afectar a participantes deste ou doutros concursos para dar seguridade ás máis que razoables inquedanzas e preocupacións do persoal afectado que por unha ou outra causa se pode ver nunha situación similar. A directora xeral limitouse a dicir que se afrontarán eses posibles problemas no momento en que se produzan, sen concretar se hai novas sentenzas ou en que corpos e escalas.
CCOO velará para que se respecten os dereitos de todos os empregados e empregadas públicas e adoptará as medidas de presión que estime oportunas para que ningún funcionario ou funcionaria se vexa prexudicado por a cadea de malas decisións que se tomaron pola Administración no que a ordenación do persoal da Xunta de Galicia se refire.

