https://commons.wikimedia.org/wiki/File:La_Moncloa,_Madrid,_Espa%C3%B1a,_2016_01.jpg

O Goberno comprométese con CCOO a cumprir integramente o Acordo Marco e a negociar un novo acordo que garanta o poder adquisitivo e as condicións laborais das empregadas e os empregados públicos

A Área Pública de CCOO reúnese coa nova secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli, para retomar de contado o desenvolvemento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI e, posteriormente, iniciar unha nova mesa de diálogo social que inclúa, entre outras materias, a negociación dun novo acordo na función pública.

CCOO denuncia o proxecto do MEFPD, que favorece a privatización na Formación Profesional

Esiximos a retirada do proceso de información pública —que se iniciou o pasado 17 de xaneiro— do proxecto de real decreto, por considerar que afectará fundamentalmente ao alumnado máis vulnerable, especialmente pola desregulación das condicións mínimas dos centros de FP e a eliminación da gratuidade dos cursos de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

Mesa Sectorial sobre a Oferta Pública de Emprego (OPE) e as Oposicións de 2024

Desde CCOO Ensino consideramos que tanto a OPE como a convocatoria de oposicións representan unha ocasión perdida para repor realmente as xubilacións producidas no profesorado galego ao tempo de manter as taxas de interinidade arredor do 5 % do profesorado, obxectivo este que aparece marcado na base primeira do “Acordo de interinos/as”.