Toda a información da primeira reunión da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora

O 9 de xaneiro de 2024 quedou constituída a comisión de seguimento do acordo. Na primeira reunión tratáronse varios temas cruciais para a xestión e o desenvolvemento dos aspectos contidos no acordo que afectan a centros e a administración educativa.

CCOO Ensino considera que a educación no uso dos teléfonos móbiles debe priorizarse sobre a prohibición xeneralizada do seu uso nos centros educativos

A “Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos” publicada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades prohibe o uso de teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos durante toda a xornada escolar e non só nos períodos lectivos.

Recordatorio de cambio de entidade sanitaria en Muface

A posibilidade de realizar o cambio de entidade sanitaria para titulares, no que estarán incluídas no seu caso as súas persoas beneficiarias, exércese libremente durante o mes de xaneiro, polas canles establecidas:

Convén lembrar que desde a entrada en vigor do presente Concerto de Asistencia Sanitaria, quedou suprimida a permuta de xuño.  A posibilidade de cambio extraordinario continuará nas mesmas condicións e coa mesma regulación que ata o de agora.

Reunión do Consello Xeral de MUFACE do 19 de decembro de 2023

CCOO incidiu naqueles temas que lle parecen de vital relevancia para as persoas beneficiarias deste sistema, tales como a eliminación de barreiras e discriminacións para os seus usuarios e usuarias, así como outras cuestións prácticas. Especialmente, fíxose mención desde o sindicato respecto ás axudas a mulleres vítimas de violencia de xénero.