Listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas no procedemento extraordinario de estabilización, por concurso de méritos, en Canarias

Resolución nº 5532 / 2023 da Dirección General de Personal y Formación del Profesorado de la Consejería de Educación, Formación Profesional, Actividad Física y Deportes pola que se aproban e publícanse as listas definitivas das persoas aspirantes admitidas e excluídas no procedemento selectivo excepcional de Estabilización, polo sistema de concurso, para o ingreso nos Corpos de Profesores de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores de Artes Plásticas e Deseño, Mestres de Taller de Artes Plásticas e Deseño e Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional e Corpo de Mestres, convocado por Orde do 21 de novembro de 2022 (BOC n.º 235, do 29 de novembro).

CCOO esixe a cobertura inmediata das ausencias do profesorado de escolas unitarias

Tralo peche de onte (30/11/23) da Escola de Educación Infantil do Gaioso (O Eixo, Santiago de Compostela), denunciado pola AFA Gaioso, desde CCOO Ensino esixímoslle á Consellería a cobertura inmediata de calquera baixa producida nas escolas unitarias, sexa cal sexa o motivo.

A especial situación deste tipo de centros fai insostible calquera outra forma de actuar que non garanta ao cento por cento o dereito do alumnado á educación.

Mesmos obxectivos, pero distintas estratexias

Ao longo dos últimos anos, e máis concretamente nos últimos meses, estase repetindo un lícito confrontamento estratéxico na forma de encarar as reclamacións do colectivo docente, tanto retributivas como noutros eidos do ámbito laboral.

A mobilización, incluíndo a folga, é un instrumento para conseguir abrir un proceso negociador que debe rematar, necesariamente, en acordos que melloren as condicións laborais e retributivas do profesorado. 

Calquera mobilización que non finalice na conquista de melloras, converte en inútil esta ferramenta.

25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Sabemos que o que non se nomea non existe. O que non se contabiliza, tampouco. Por iso cómpre deterse nas cifras da violencia contra as mulleres, que son a máxima expresión dun sistema patriarcal.

A violencia de xénero, entendida no seu sentido amplo, é dicir, comprendendo todas as manifestacións da violencia contra as mulleres, é o delito máis estendido en todo o mundo:

  • Cada 3 segundos, unha nena é obrigada a casar.
  • Unha de cada 3 mulleres do mundo sufriu ao longo da súa vida violencia física ou sexual.
  • 3 millóns de nenas son vítimas de ablación cada ano.
  • As violacións como arma de guerra están xeneralizadas nas zonas de conflito.
  • Unha gran parte dos asasinatos de mulleres cometéronos as súas parellas ou exparellas.
  • O 71 % das vítimas de trata son mulleres e nenas (ACNUR 2019).

 

Cartel 25N 2023 – Manifesto 25N 2023