Publicadas as presidencias e a composicións dos tribunais das oposicións 2024
Resolución (DOG 30 maio 2024). Consulta as listaxes no anexo da resolución.
Resolución (DOG 30 maio 2024). Consulta as listaxes no anexo da resolución.
Publicadas, hoxe sábado, as sedes nas que se desenvolverán os procedementos selectivos.
Prazo para interpor recurso de reposición: ata o 10 de xuño.
Publícase o resultado do sorteo público dos/as vogais dos tribunais que xulgarán o concurso-oposición do ano 2024 e que tivo lugar o día 10 de abril de 2024, ás 9.00 horas na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Santiago de Compostela.
Mañá, mércores, publícase o sorteo dos tribunais de oposición. Traémosche dúas infografías: unha ten toda a información sobre as causas de suplencia, abstención e recusación; a outra explica como se elixen as persoas suplentes para cada vogal titular.
O prazo de reclamacións contra estas listaxes é de dez (10) días hábiles e comeza o día 9 de abril de 2024 e remata o día 22 de abril de 2024 (ambos días incluídos).
Prazo para inscrición: do 15 de febreiro ao 6 de marzo de 2024, ambos incluídos
Asemblea telemática, por Google Meet:
Data e hora: xoves, 15 de febreiro, ás 18:00
Aforo limitado e prioridade para persoas afiliadas
A orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2024, comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «H».
Desde CCOO Ensino consideramos que tanto a OPE como a convocatoria de oposicións representan unha ocasión perdida para repor realmente as xubilacións producidas no profesorado galego ao tempo de manter as taxas de interinidade arredor do 5 % do profesorado, obxectivo este que aparece marcado na base primeira do “Acordo de interinos/as”.