O luns 4 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas, celebraranse na Facultade de Formación do Profesorado as I Xornadas “Falando de ensino coas organizacións sindicais”, nas que catro organizacións sindicais (CCOO, CSIF, STEG e UXT) tratarán diversos aspectos obxecto de especial interese para as futuras mestras e mestres como o acceso á función docente, o proceso de oposición, a formación ou as listas de substitución.
As xornadas están pensadas para que o alumnado participante adopte un papel activo e crítico, para o cal se contempla un faladoiro no que poderán trasladar aos representantes das organizacións sindicais as súas inquedanzas con respecto ao seu futuro profesional e aos novos retos que se lle demandan a unha escola que pretenda dar resposta aos desafíos da sociedade do Século XXI.
Organizadas pola Facultade de Formación do Profesorado e as catro organizacións sindicais, as Xornadas sitúanse na dobre vertente informativa e formativa, e permitirán resolver dúbidas á vez ofrecen unha oportunidade para que o alumnado tome contacto coa labor dos sindicatos e o seu traballo a prol de cambios na educación que redunden na mellora das condicións docentes e, por ende, na mellora da calidade da formación que se ofrece aos nenos e nenas.
FOTOS DO EVENTO: