CCOO denuncia o proxecto do MEFPD, que favorece a privatización na Formación Profesional

Esiximos a retirada do proceso de información pública —que se iniciou o pasado 17 de xaneiro— do proxecto de real decreto, por considerar que afectará fundamentalmente ao alumnado máis vulnerable, especialmente pola desregulación das condicións mínimas dos centros de FP e a eliminación da gratuidade dos cursos de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.