CCOO Ensino denuncia que a Xunta converte a Educación Infantil 0-3 nun negocio e rexeita apostar pola súa calidade

CCOO Ensino critica con dureza a deriva da Consellería de Política Social, que volve demostrar que a súa prioridade non é mellorar o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3), senón protexer o actual modelo de financiamento da rede privada subvencionada, mesmo a costa da calidade educativa, das condicións laborais das traballadoras e do interese superior da infancia.

Trasladámoslle ao conselleiro as reivindicacións do persoal do ensino concertado

CCOO Ensino trasladamos ao conselleiro de Educación as reivindicacións do persoal do ensino concertado no Encontro de Educadoras e Educadores celebrado en Santiago.

CCOO Ensino denuncia despedimentos en “Down Vigo”

Nas últimas semanas, as persoas traballadoras de Down Vigo veñen alertando da grave crise de xestión e do progresivo deterioro das condicións laborais que se están a producir na entidade, unha situación que repercute moi negativamente na prestación do servizo ás persoas usuarias. Down Vigo leva xa tempo marcada por unha profunda crise económica que acabou provocando o despedimento de … Ler máis

Reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado

CCOO Ensino reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado. A Federación de enseñanza de CCOO rexistrou unha petición para que estes avances se estendan a todos os centros sostidos con fondos públicos.

As escolas infantís municipais da Coruña non poden sosterse sobre traballo gratuíto nin sobre a precarización das condicións laborais das traballadoras

CCOO Ensino rexeitamos a cláusula dos pregos das escolas infantís municipais da Coruña que permite ás empresas ofertar actividades de fin de semana sen custo para o Concello, utilizando persoal das propias escolas. Esiximos a súa retirada e defendemos un modelo baseado no investimento público, no emprego digno e na calidade educativa.

A educación é un dereito, non un mercado

As declaracións do sindicato FSIE sobre a concertación do Bacharelato evidencian dúas formas diferentes de entender a educación. CCOO consideramos que a ampliación dos concertos educativos debe responder a necesidades reais do sistema e non a unha extensión automática do financiamento público en etapas non obrigatorias. A nosa posición ten base legal. O artigo 27.4 da Constitución establece que a … Ler máis

Mesa Negociadora do VIII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. Clasificación profesional

Defendemos na Mesa Negociadora do VIII Convenio da concertada unha clasificación profesional que recoñeza os postos de traballo reais presentes nos centros e evite fórmulas de flexibilidade que poidan derivar en precariedade ou ampliación de funcións.

O 0-3 sae á rúa para esixir condicións dignas, recoñecemento e solucións

CCOO participou na concentración convocada no marco da folga estatal do primeiro ciclo de Educación Infantil para reclamar condicións laborais dignas, recoñecemento profesional e unha aposta real por unha etapa educativa pública, gratuíta e de calidade.