CCOO denuncia o XII Convenio de ensino privado sen concerto e aposta por mellorar as condicións laborais do sector

Desde CCOO informamos de que, xunto co resto das organizacións sindicais asinantes, se procedeu á denuncia do XII Convenio colectivo estatal de centros de ensino privado de réxime xeral ou ensino regulado sen ningún nivel concertado nin subvencionado, dando así comezo ao proceso de negociación do XIII Convenio colectivo.

Esta nova etapa debe servir para avanzar na mellora das condicións laborais de todas as persoas traballadoras do sector. Desde CCOO defenderemos os intereses do conxunto dos cadros de persoal, co obxectivo de conseguir melloras reais en materia salarial, xornada, conciliación e dereitos laborais.

Imos traballar e loitar por un convenio que mellore as condicións de traballo e dea resposta ás necesidades de todas as persoas traballadoras, defendendo os seus dereitos e levando as súas reivindicacións á mesa de negociación.

Consulta o documento coa denuncia do convenio

Podes facernos achegas para a negociación a través do correo ensino@galicia.ccoo.es