Nova iniciativa lexislativa: Proxecto de real decreto polo que se modifica o Real decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade

Aberto o prazo de consulta pública deste Real decreto

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) abre o proceso de consulta pública do Real decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade como requisito previo á súa aprobación.

O trámite de consulta pública previa ten como fin obter a opinión da cidadanía, de organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo. O seu obxectivo principal é garantir a transparencia e a participación cidadá nas leis desde o primeiro momento. Serve especificamente para responder a catro preguntas clave:

  • Que problemas se queren solucionar? (identificar a necesidade real da nova norma).
  • É necesario e oportuno aprobar este real decreto? (estimar se é o momento adecuado e se a proposta está xustificada).
  • Que obxectivos persegue a norma? (definir con claridade que se quere conseguir).
  • Existen alternativas mellores? (avaliar se o problema se pode resolver doutra forma, xa sexa sen regular ou a través de leis autonómicas/locais).

En resumo, serve para que o Goberno escoite as propostas do sector afectado e da sociedade, evitando que se redacte un real decreto con erros de base, innecesario ou afastado da realidade social.

Prazo de presentación de contribucións

Desde o día 22 de outubro ata o 5 de novembro de 2026, ambos inclusive.

Como presentar as alegacións

As contribucións poderán facerse a través do seguinte formulario. Neste sentido, animamos o conxunto da comunidade universitaria a participar no proceso de consulta pública que se abre, ao tempo que as persoas interesadas poden facernos chegar as propostas que consideren oportunas a través da nosa estrutura sindical.

Xustificación da reforma

O MICIU considera que debe reformarse o RD 822/2021 para:

  • Facilitar a redefinición do carácter obrigatorio do traballo de fin de grao (TFG), para que cada universidade, no exercicio da súa autonomía, poida mantelo ou dirixir eses recursos a outras materias que estime importantes dentro dos seus plans de estudos.
  • Establecer uns principios xerais no uso académico da intelixencia artificial xenerativa, tanto respecto da actividade que desenvolve o profesorado como a actuación do estudantado.
  • Flexibilizar a organización da docencia; ha establecerse unha nova delimitación das modificacións substanciais e non substanciais das memorias de verificación das titulacións universitarias oficiais.
  • Reforzar a garantía de calidade das ensinanzas universitarias oficiais, establecendo novos requisitos que todas as titulacións oficiais deberán cumprir en relación coas porcentaxes mínimas de profesorado doutor e permanente e de determinadas categorías de profesorado, co fin de asegurar o desenvolvemento da docencia e da investigación como funcións esenciais do sistema universitario español.
  • Garantir a calidade da oferta docente dos centros adscritos para que esa oferta forme parte da programación docente universitaria da comunidade autónoma de localización.
  • Establecer o carácter presencial das titulacións universitarias que conduzan ao exercicio de profesións reguladas do ámbito sanitario, dada a súa natureza formativa e a necesidade de utilización de equipamentos e instalacións específicos, para asegurar a súa calidade e coherencia formativa.

CCOO quere sinalar que non se negociou nin se coñece o contido real das normativas universitarias —tanto no proceso orixinario do Real decreto 822/2021 como nas súas modificacións posteriores—, e denuncia o uso reiterado da «consulta pública previa» como substituto da mesa de negocación colectiva. Os motivos principais polos que o sindicato denuncia este apagamento informativo e falta de consenso son:

  • Natureza non vinculante da consulta: a consulta pública previa abre un formulario web para que calquera cidadán, cidadá ou organización envíe comentarios nun folio en branco. O Ministerio non achega un borrador de texto articulado específico, polo que as organizacións sindicais e calquera persoa interesada teñen que opinar «ás cegas» sobre intencións xerais. Para CCOO, isto furta o debate efectivo sobre o contido real da norma.
  • Nonconvocatoriadamesadenegociacióncolectiva:CCOOlembra, unha vez máis, que as condicións que afectan á ordenación académica impactan directamente nos cadros de persoal universitarios. Ao limitar o proceso a unha ventá de consulta telemática masiva, o MICIU esquiva a mesa sectorial de negociación colectiva, un dereito recoñecido legal e constitucionalmente aos axentes sociais.
  • Defectos por tramitacións de urxencia: CCOO denuncia a inercia de seguir «atallos procedementais» por parte do MICIU. Ao acurtar ou suprimir os prazos, o contido definitivo publícase no BOE sen que os axentes sociais puidesen analizalo ou emendalo previamente.
  • Faltaderetorno e transparencia:CCOOrecorda que as achegas nestas consultas previas caen adoito en saco roto. O Ministerio avanza de xeito unilateral cos seus borradores preestablecidos sen convocar reunións bilaterais ou grupos de traballo técnicos para consensuar o texto definitivo, o que para CCOO é unha perda da participación institucional real.