CCOO avanzamos na negociación salarial do PAS na Concertada

CCOO presentamos a nosa proposta de revisión salarial do PAS da concertada para 2025, cunha liña vermella clara: non aceptaremos salarios base por debaixo do SMI.

A proposta garante un chan salarial digno e unha estrutura proporcional entre categorías para evitar que as futuras subas do SMI se absorban mediante complementos.

Na mesa reiteramos esta posición e, se non hai un avance real, reclamaremos mediación no SIMA.

A seguinte reunión, o 19 de marzo.

Asinado o IV Convenio Colectivo Marco Estatal de Ocio Educativo e Animación Sociocultural

As organizacións sindicais CCOO, UGT e USO, xunto coas organizacións patronais FOESC, AEEISSS, ANESOC e EDUCATIA, asinamos esta mañá o novo IV Convenio Colectivo Marco Estatal de Lecer Educativo e Animación Sociocultural.

CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos o engano e a instrumentalización da CIG da folga nos sectores de discapacidade, escolas infantís e menores

En CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos a folga unilateral da CIG nos sectores de discapacidade, escolas infantís e protección de menores. Carece de viabilidade real e só serve para enganar. Defendemos a unidade sindical como única vía para avanzar.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.

Recoñecida a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio da USC

A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.