18/23 horas lectivas para o curso 26/27

Na reunión deste martes 23 de setembro, finalmente o Ministerio presentounos a súa proposta para reducir por lei o horario lectivo do profesorado a un máximo de 18/23 horas, e que será de aplicación xa desde o vindeiro curso 2026-2027. Tamén se inclúe a proposta de redución de ratios.

Máis dun milleiro de persoas esíxenlle ao Goberno unha suba salarial para as empregadas e empregados públicos

Na concentración diante do Ministerio de Facenda, o coordinador da Área Pública de CCOO, Lucho Palazzo, esixiu o pagamento do 0,5 % pendente de 2024, un incremento salarial para 2025, completar o cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI e negociar un novo acordo plurianual. Estas reivindicacións entregáronse a Facenda nun manifesto rexistrado no ministerio ao rematar a mobilización.

Melloremos os soldos nas administracións públicas!

A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.

CCOO mobilizarase o 8 de abril para esixir unha suba salarial, o cumprimento do pactado e a negociación dun novo acordo para o sector público

A Área Pública de CCOO demándalle ao Ministerio de Función Pública o cumprimento completo do comprometido no Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, a convocatoria dunha mesa de negociación para asinar un novo acordo plurianual, así como un incremento salarial significativo que permita recuperar o poder adquisitivo perdido.