A área Pública de CCOO e UGT Servicios Públicos mostran a súa satisfacción pola previsión de que o Consejo de Ministros deste martes vaia a aprobar o abono do 0,5 % pendente de 2024 para as persoas que traballan no emprego público.
Con todo, os dous sindicatos lembran que este compromiso chega con 18 meses de atraso e inciden, ademais, en que aínda queda pendente de cumprir unha parte importante do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI. Estes incumprimentos, mencionan os sindicatos, son, entre outros, a xubilación parcial, a xornada de 35 horas, a clasificación profesional ou a mellora das retribucións correspondente a 2025.
Por todo iso, UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO manteñen a reunión dos seus máximos responsables da Función Pública prevista para o 3 de xullo e a conferencia de prensa conxunta, posterior á reunión, tal como se avanzou nunha nota de prensa a pasada semana.
