CCOO concentrouse este 8 de abril ás portas do Ministerio de Facenda e Función Pública para esixirlle o cumprimento completo das medidas comprometidas no Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, entre elas o aboamento do 0,5 % pendente de percibir de 2024. Con este último incremento, o acordo asinado por CCOO situará a suba salarial para as traballadoras e os traballadores do ensino concertado por volta do 10 % no período 2022-2024.
Así mesmo, CCOO esixe unha actualización salarial en 2025 que evite que as persoas que traballan no sector público sigan perdendo poder adquisitivo. No contexto actual de crecemento económico, desde CCOO apostamos por unha importante suba salarial que se aplique de forma inmediata, con efectos retroactivos a xaneiro deste ano e sen necesidade de esperar pola aprobación dos orzamentos xerais do Estado.
Hai que seguir avanzando na mellora das condicións laborais das persoas que traballaban no sector público e, por extensión dos acordos de homologación retributiva asinados por CCOO, ás persoas traballadoras do ensino concertado. O sindicato tamén instou a comezar a negociación para asinar un novo acordo plurianual, con incrementos salariais significativos que permitan avanzar na senda de recuperación destes últimos tres anos.
CCOO seguirá traballando en defensa dos intereses do colectivo que traballa no ensino concertado e en garantir a aplicación de todas aquelas medidas retributivas que acorde no marco da función pública. É o sindicato CCOO, e non outros corporativos, o que asina os acordos que permiten as actualizacións salariais no sector.

