CCOO e a USC asinan un acordo marco para mellorar as condicións laborais dos entes dependentes da Universidade

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia acaban de asinar un acordo marco que establece as bases para a clasificación laboral, as retribucións e as condicións de traballo do persoal dos entes dependentes ou adscritos á institución académica. O obxectivo é establecer un ámbito común para facilitar a negociación colectiva e garantir unhas condicións mínimas uniformes.

Incremento salarial do 2% no pagamento delegado da concertada

Xa están dispoñibles as táboas salariais actualizadas para o persoal da ensinanza concertada con pagamento delegado. Inclúen un incremento do 2% nas retribucións, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024, . Este aumento aplícase a todos os conceptos salariais, de acordo co previsto para o ano 2024 no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO.

Retribucións do PAE

Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do PAE, actualizada coa última suba retroactiva do 2,5 % de 2025 e co 1,5 % de 2026, froito do Acordo Marco 2025-2028, asinado por CCOO. Podes tamén consultar os cadros de retribucións para persoal funcionario e para persoal laboral. Persoal funcionario Persoal laboral

Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino

Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.

O Consello de Ministros aproba a suba salarial do 2,5 % para os empregados públicos comprometida para 2024 con CCOO e UGT

Tal como adiantaron o pasado venres UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO, o Consello de Ministros aprobou a suba salarial do 2,5 % para os máis de tres millóns de empregados públicos deste país, segundo contempla o acordo asinado por ámbolos sindicatos.

CCOO Ensino reúnese coa Consellería de Educación para trasladar as nosas propostas de mellora para o sistema educativo galego

Representantes de CCOO Ensino mantiveron hoxe unha reunión co Conselleiro, o Secretario Xeral e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para tratar diversos temas cruciais para o avance do sistema educativo na comunidade e das condicións laborais das súas traballadoras e traballadores. A xuntanza abarcou numerosas temáticas que afectan a múltiples colectivos profesionais e varias etapas educativas.

CCOO esíxelle ao Goberno a suba salarial do 2,5 % para as empregadas e empregados públicos

A área Pública de CCOO esixirá, na reunión que se celebra hoxe con Función Pública, medidas contundentes para realizar a suba salarial do 2,5 %, comprometida no Acordo Marco para unha Administración do século XXI.

CCOO esixe ao ministro Escrivá o cumprimento das subidas salariais e os avances en dereitos asinados no Acordo Marco para unha Administración do século XXI

CCOO considera esgotadas xa todas as marxes de paciencia e toca esixir coa máxima firmeza que o Goberno cumpra xa os compromisos adquiridos. De non ser así, quedará gravemente danada a confianza negocial entre as partes, e o propio ámbito do diálogo social nas administracións públicas, o que obrigaría á organización sindical a contemplar a posta en marcha de medidas en defensa dos dereitos dos máis de tres millóns de persoas empregadas públicas, para facer que o Goberno cumpra os acordos que asina.