Ante o atraso no pagamento do incremento salarial do 2 %, que debería ser retroactivo desde xaneiro de 2024, CCOO Ensino contactou coa Dirección Xeral de Recursos Humanos para esixir a aplicación inmediata desta actualización salarial.
Desde a Consellería pediron desculpas pola demora e comunicaron que, aínda que non o poden garantir, esperan que os salarios estean actualizados na nómina de novembro.
En calquera caso, confirmamos o devandito aumento, resultado do acordo asinado por CCOO no ámbito estatal. Ademais, está pendente un 0,5 % adicional que se prevé que o persoal da pública cobre en xaneiro de 2025, retroactivamente desde o 1 de xaneiro de 2024. No caso da concertada, como é habitual, poderá tardar máis en facerse efectivo.
Con CCOO loitas, con CCOO avanzas!