Publicada a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+ FSE+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.
Prazo para reclamacións ou renuncias: 3 días hábiles trala publicación no portal web da Consellería (confirmado en Mesa Sectorial que se considera data de publicación o 15 de outubro de 2024)
Máis información na web da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44274

