25N: UN PASO ADIANTE POR ESPAZOS LABORAIS LIBRES DE VIOLENCIAS MACHISTAS

Fronte ás violencias contra as mulleres e ante un novo 25N, dende CCOO reiteramos, tamén na USC, o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e ao conxunto da cidadanía para combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como do conxunto da … Ler máis

CCOO valora o esforzo da nova proposta do Goberno de suba salarial para as empregadas e empregados públicos, que agora temos que estudar

O Executivo elevou dun 10 % a un 11 % a proposta de aumento de soldo e emprázanos a unha nova reunión o luns 24 de novembro para seguir negociando esta e outras materias que debe recoller o novo acordo plurianual.

CCOO TACHA DE OFENSIVA A OFERTA DE SUBA SALARIAL DO GOBERNO PARA AS EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS

Para o sindicato, a proposta do Executivo debe ser máis ambiciosa ou a folga xeral en decembro será unha realidade A proposta de suba salarial que presentou o Goberno na reunión que tivo lugar este mércores, 19 de novembro, no Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, é dun 10 % para o período 2025-2028. Este incremento é de … Ler máis

Categorías USC

O profesorado galego non merece este espectáculo

O que si merece é rigor, capacidade de traballo e de negociación para a consecución de obxectivos e unha unidade sindical real como a que levamos dous anos mantendo CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP. Seguimos traballando para desenvolver por completo o Acordo que asinamos.

Acordo de xubilación parcial no ensino concertado de Galicia

Onte, xoves, 13 de novembro de 2025, celebrouse a reunión da Mesa Tripartita para valorar a última proposta de Acordo de xubilación parcial da Consellería de Educación.

CCOO Ensino manifestamos que, en exercicio de responsabilidade e por ser unha reivindicación dos e das docentes, asinaremos esta proposta definitiva.