25N: un paso adiante por espazos laborais libres de violencias machistas

Fronte ás violencias contra as mulleres e ante un novo 25N, as confederacións sindicais da
Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) e de Comisións Obreiras (CCOO)
reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as
mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e ao conxunto da
cidadanía para combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como
do conxunto da sociedade.

Chamamos a combatela desde todos os ámbitos, atallando as súas causas e aumentando
os recursos e instrumentos públicos para a súa prevención e erradicación.
Chamamos tamén ao rexeitamento frontal e á condena aos discursos negacionistas da
violencia de xénero e antifeministas que poñen en perigo os avances, cuestionan as
políticas públicas contra as violencias machistas e a educación en igualdade e revitimizan
as mulleres superviventes.

Reforzamos o noso compromiso con máis actuacións e propostas para facer dos ámbitos
laborais espazos libres de violencias machistas.

Manifesto CCOO UGT 25N