Real decreto 723/2026 e elementos pendentes da Directiva (UE) 2019/1152

O Real decreto 723/2026, que se publicou o 15 de setembro de 2026, no BOE, traspón parcialmente a Directiva (UE) 2019/1152, do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa a unhas condicións laborais transparentes e previsibles na Unión Europea, cuxa trasposición completa está paralizada no Congreso.

Rueda presume de «ensino de calidade» mentres ignora as condicións laborais do persoal da concertada

Desde CCOO Ensino cualificamos de provocación que Alfonso Rueda inaugurase o curso nun centro concertado falando de calidade educativa mentres a Xunta segue sen dar resposta ás reivindicacións laborais dun sector que vén de mobilizarse o 9 de setembro.

As traballadoras e traballadores do ensino concertado dicimos basta: a mobilización non fixo máis que comezar

A folga do ensino concertado galego supera o 60 % de seguimento e leva milleiros de persoas ás rúas. As organizacións sindicais advirten á Xunta de que a mobilización continuará mentres persista o bloqueo da negociación e non se atendan as reivindicacións laborais e salariais do sector.

Acádase un acordo no seo da Conferencia Xeral de Política Universitaria que permite desbloquear o financiamento do programa María Goyri para as universidades públicas

CCOO esixe responsabilidade institucional para garantir o financiamento das universidades públicas e a estabilidade das 3.400 prazas de profesorado axudante doutor do Programa María Goyri.

Valoración de inicio de curso 26-27

CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.