Reunión coa Consellería pola Lei de Educación Dixital de Galicia

A Consellería de Educación vén de reunir ás organizacións sindicais para tratar o anteproxecto da Lei de Educación Dixital de Galicia, unha norma que leva en exposición pública desde o pasado febreiro e que acumulou máis de 660 achegas, reflexo do forte interese social que esperta. Desde CCOO Ensino consideramos que se trata dunha lei fundamental para definir o modelo educativo galego dos vindeiros anos, e por iso reclamamos que o seu desenvolvemento se faga con visión ampla, diálogo real e perspectiva pedagóxica.

Non cabe a neutralidade ideolóxica cando falamos de Dereitos Humanos

Desde CCOO Ensino denunciamos con firmeza o xenocidio que se está a producir contra o pobo palestino na Franxa de Gaza, ademais das deportacións, destrución, fame e negación de axuda humanitaria. A situación esixe unha resposta ética e social rotunda por parte de toda a comunidade internacional, e a comunidade educativa de Galicia non pode, nin debe, permanecer en silencio.

CCOO Ensino gañamos dúas sentenzas máis contra a Xunta por despedimentos en fraude de lei

Dúas traballadoras que desempeñaban o seu labor en centros da Consellería de Educación foron despedidas de maneira irregular. Os tribunais declararon nulo un dos despedimentos e improcedente o outro, obrigando a Xunta á readmisión, ao pagamento de indemnizacións e ás custas procesuais.

O real decreto de creación e autorización de universidades e centros universitarios chega ao Consello de Ministros sen que a comunidade universitaria coñeza o seu contido

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades trasládalle ao Consello de Ministros a aprobación do real decreto que reforma o RD 640/2021 de creación, recoñecemento e autorización de universidades e centros universitarios, e acreditación institucional de centros universitarios sen que a comunidade universitaria teña coñecemento do texto final, malia que se lle reclamou por diversas vías desde o pasado mes de xullo.

O ensino público precisa sumar, non dividir

A realidade sobre a folga do 25 de setembro. O profesorado merece información veraz, unha estratexia clara e non accións illadas.
A única forma de facer presión é evitando os enfrontamentos entre sindicatos e buscando a colaboración para conseguir obxectivos comúns, tal e como se fixo noutros territorios e, non hai moito tempo, tamén na nosa Comunidade.