Publicada hoxe a convocatoria dunha bolsa de «persoas expertas» para impartir docencia en determinados módulos profesionais do ciclo superior de Formación para a mobilidade segura e sustentable só durante o presente curso 25-26.
Esgotada a listaxe de profesorado especialista para poder impartir docencia neste ciclo formativo que se imparte no CIFP Portovello e, ante a urxencia polo tempo que o alumnado leva sen ter clase, a Consellería de Educación convocou ás catro organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial para abordar unha solución puntual a esta situación.
Cos cambios lexislativos que se produciron nos últimos anos no eido da Formación Profesional, a figura do profesorado especialista deixa de ser válida e será preciso recorrer á figura da “persoa experta”. En consecuencia, de cara ao curso 26-27 estas listaxes transformaránse nunha bolsa de persoal experto. Esta bolsa so afectará ao profesorado especialista regulado polo artigo 95 da lei orgánica 2/2006, non ao profesorado especialista en sectores singulares.
As persoas que xa figuran nas listaxes de profesorado especialista non terán que inscribirse nesta bolsa de persoas expertas e seguirán mantendo a súa prioridade para os chamamentos relacionados con esta especialidade durante o presente curso.
O procedemento para ordear a bolsa consistirá nunha valoración de méritos, de acordo ao baremo publicado e o prazo de participación será de 3 días hábiles, do 22 ata o venres 24 de outubro.
Pódese consultar toda a información relacionada con esta convocatoria na web da Consellería.
