CCOO Ensino consegue incorporar emendas clave á futura Lei de Educación Dixital de Galicia

CCOO Ensino fomos o sindicato que máis emendas presentou ao anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia no trámite do Consello Escolar de Galicia. En total, achegamos 78 emendas co obxectivo de mellorar unha norma que terá un impacto directo na organización dos centros, no traballo do profesorado, nos dereitos do alumnado e das familias e no funcionamento ordinario do sistema educativo.

Centos de empregados e empregadas públicas da Administración galega apoiaron hoxe a mobilización, convocada por UGT, CCOO e CSIF, fronte á sede da Xunta contra o recorte de dereitos e por uns servizos públicos de calidade

CC.OO, CSIF e UGT denuncian falta de vontade real para acadar consensos, a imposición sistemática de medidas sen un marco real de negociación e perda de dereitos na Administración da Xunta de Galicia. Hoxe pola mañá centos de empregados e empregadas públicas da Administracións galega apoiaron a concentración convocada por CCOO, CSIF e UGT fronte á sede da Xunta en … Ler máis

As escolas infantís municipais da Coruña non poden sosterse sobre traballo gratuíto nin sobre a precarización das condicións laborais das traballadoras

CCOO Ensino rexeitamos a cláusula dos pregos das escolas infantís municipais da Coruña que permite ás empresas ofertar actividades de fin de semana sen custo para o Concello, utilizando persoal das propias escolas. Esiximos a súa retirada e defendemos un modelo baseado no investimento público, no emprego digno e na calidade educativa.

A educación é un dereito, non un mercado

As declaracións do sindicato FSIE sobre a concertación do Bacharelato evidencian dúas formas diferentes de entender a educación. CCOO consideramos que a ampliación dos concertos educativos debe responder a necesidades reais do sistema e non a unha extensión automática do financiamento público en etapas non obrigatorias. A nosa posición ten base legal. O artigo 27.4 da Constitución establece que a … Ler máis

CCOO esiximos ao Goberno que destine o 1 % do PIB ao financiamento das universidades públicas

CCOO reclamamos ao Goberno e ás comunidades autónomas un plan real de financiamento para garantir que as universidades públicas reciban, como mínimo, o 1 % do PIB antes de 2030, tal e como establece a LOSU.

A atención á diversidade notarase nos centros, seguiremos traballando para que non quede só nun anuncio

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF, no marco do traballo conxunto que vimos desenvolvendo nos últimos anos en defensa da mellora do ensino público galego e das condicións laborais do seu persoal, especialmente a través do Acordo sobre medidas de mellora do sistema educativo valoramos positivamente que a atención á diversidade se sitúe no centro da axenda … Ler máis

CCOO Ensino urxe á Consellería protocolos claros fronte ao acoso e ás violencias machistas nos centros educativos

CCOO Ensino expresa a súa profunda preocupación polas informacións publicadas nos últimos días arredor da campaña “Espazos Educativos Libres de Violencias Machistas”, impulsada pola Marcha Mundial das Mulleres en Ourense, e comparte a necesidade de garantir que todos os centros educativos sexan espazos seguros, libres de abusos, acoso, violencia e impunidade. Sen prexuízo da necesaria prudencia, da confidencialidade dos procedementos … Ler máis

A brutal agresión contra unha docente valenciana non pode quedar impune

Condenamos a brutal agresión sufrida por unha docente xubilada do País Valencià durante as mobilizacións en defensa da educación pública e esiximos a depuración inmediata de responsabilidades.