Comezar con bo pé: claves para a xestión eficaz do departamento de orientación

Abrimos a preinscrición no curso “Comezar con bo pé”, unha formación de 50 horas en Moodle para acompañar o profesorado que se incorpora á xefatura dun departamento de orientación.

Presente e futuro: claves para a túa carreira docente

Abrimos a preinscrición no curso “Presente e futuro”, unha formación de 40 horas en Moodle para coñecer aspectos clave da carreira docente, a mobilidade e as condicións laborais.

Matricúlate na universidade pública

Cos mellores profesionais e recursos Recoñecemento nacional e internacional Democrática e participativa Xeradora de progreso e coñecemento socialmente responsable A universidade pública é motor de inclusión, igualdade e progreso Achega un valor engadido para a formación profesional e a integración social do seu alumnado Matricúlate, deféndea! A igualdade de oportunidades comeza na universidade pública. Garantir o acceso é construír unha … Ler máis

CCOO Ensino denuncia despedimentos en “Down Vigo”

Nas últimas semanas, as persoas traballadoras de Down Vigo veñen alertando da grave crise de xestión e do progresivo deterioro das condicións laborais que se están a producir na entidade, unha situación que repercute moi negativamente na prestación do servizo ás persoas usuarias. Down Vigo leva xa tempo marcada por unha profunda crise económica que acabou provocando o despedimento de … Ler máis

19 anos agardando un estatuto do persoal docente e/ou investigador universitario

CCOO esiximos ao Ministerio que cumpra a lei e reactive de inmediato a negociación do Estatuto do PDI, paralizada pola falta de vontade política malia os prazos legais establecidos.

Reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado

CCOO Ensino reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado. A Federación de enseñanza de CCOO rexistrou unha petición para que estes avances se estendan a todos os centros sostidos con fondos públicos.

CCOO forza que a LUPA entre no debate constitucional

A universidade pública deféndese actuando CCOO presentou o pasado mes de maio un escrito dirixido ao Defensor do Pobo no que solicita a presentación de recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026, de 6 de marzo, Universitaria para Andalucía (LUPA), publicada no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía. Desde CCOO entendiamos que a LUPA contiña elementos que poderían vulnerar … Ler máis