CCOO conseguimos que a Xustiza declare improcedente o despedimento dunha traballadora temporal de cociña da Xunta

Os servizos xurídicos de CCOO conseguen que a Xustiza declare improcedente o despedimento dunha traballadora temporal de cociña da Consellería de Educación e conceda unha indemnización de 9163,20 euros.

CCOO Ensino gañamos dúas sentenzas máis contra a Xunta por despedimentos en fraude de lei

Dúas traballadoras que desempeñaban o seu labor en centros da Consellería de Educación foron despedidas de maneira irregular. Os tribunais declararon nulo un dos despedimentos e improcedente o outro, obrigando a Xunta á readmisión, ao pagamento de indemnizacións e ás custas procesuais.