Melloremos os soldos nas administracións públicas!

A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.

Información do momento actual na negociación do III Convenio Colectivo do PDI Laboral do SUG

A mala información pode crear conflitos artificiais que xeren danos a terceiros consciente ou inconscientemente, por iso cando informamos sobre a situación actual na negociación do III Convenio Colectivo do PDI Laboral debemos ser rigorosos pola importancia do tema en cuestión. O PDI Laboral debe ser consciente que actualmente está en vigor o II Convenio Colectivo do PDI Laboral do … Ler máis

Categorías USC

CCOO esixe máis recursos para a detección temperá do alumnado con TEA

No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo,, desde a Federación de Ensino de CCOO esiximos un incremento dos recursos materiais e, sobre todo, de persoal especializado dende as etapas máis temperás e durante toda a educación obrigatoria e postobrigatoria, xa que o diagnóstico precoz e o seguimento sostido son vitais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA.

Información sobre o convenio colectivo do PDIL

Recentemente, publicouse a actualización do II Convenio colectivo de PDIL á LOSU e á normativa en materia de conciliación, igualdade e non discriminación. Tamén, un acordo de xubilación que, actualizado consonte a normativa actual, recupera o artigo 42 do convenio que fora derrogado pola reforma laboral de 2012.