Polo cumprimento íntegro do Acordo

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP comparecemos publicamente para denunciar a falta de cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo, asinado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. A situación, logo de case un ano e medio da sinatura, esixe unha resposta clara por parte da Consellería e do Presidente da Xunta, que ao fin e ao cabo, foi a persoa que asinou dito Acordo.