CCOO irrompe con forza na Xunta de Persoal de PTXAS da Universidade de Vigo

Os resultados foron históricos: tras anos sen representación neste órgano, CCOO converteuse na segunda forza máis votada, obtendo 6 delegadas e delegados, sendo ademais o sindicato máis apoiado no Campus de Vigo. Este respaldo supón un importante avance para a nosa organización e, sobre todo, unha gran responsabilidade coa que asumimos este novo ciclo.

2 de abril – Concentración pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores

Este mércores 2 de abril, CCOO Ensino convoca unha concentración, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.

Presentación do informe sobre o financiamento da educación universitaria en España]

CCOO denuncia a caída do 14 % no financiamento da universidade pública en España desde 2009

O sindicato presentou en conferencia de prensa un informe sobre o financiamento da educación universitaria en España que evidencia a deterioración da universidade pública debido, principalmente, ao insuficiente financiamento e ao auxe das universidades privadas nas dúas últimas décadas e no que se constata que o financiamento caeu 14 puntos porcentuais en termos reais desde o ano 2009.

Consulta a revista TE de xubilacións do réxime xeral da Seguridade Social actualizada

🆕 Novidades

Suba do 2,8% das pensións contributivas

Aumento da flexibilidade na xubilación demorada

Cambios na normativa de compatibilidade entre pensión e actividade laboral

Cambios

Aínda queda por desenvolver a extensión do dereito á xubilación parcial para as empregadas e empregados públicos, tal e como se recolle no último acordo de pensións