Noelia Sánchez Vaamonde, nova Secretaria Xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia

Guitiriz converteuse durante os días 14 e 15 de marzo de 2025 no epicentro do sindicalismo educativo galego coa celebración do 12º Congreso da Federación de Ensino de CCOO de Galicia. Un encontro marcado pola renovación e a homenaxe, onde Noelia Sánchez Vaamonde foi elixida como nova Secretaria Xeral, tomando o relevo de Luz López Pérez tras 12 anos de dedicación.