Presentación do informe sobre o financiamento da educación universitaria en España]

CCOO denuncia a caída do 14 % no financiamento da universidade pública en España desde 2009

O sindicato presentou en conferencia de prensa un informe sobre o financiamento da educación universitaria en España que evidencia a deterioración da universidade pública debido, principalmente, ao insuficiente financiamento e ao auxe das universidades privadas nas dúas últimas décadas e no que se constata que o financiamento caeu 14 puntos porcentuais en termos reais desde o ano 2009.