Declaración da Renda do exercicio 2024

Nestes días enviouse á afiliación o certificado da cota para deducir no IRPF de 2024.

Cando comeza e acaba a campaña da Renda 2024?
As datas para confeccionar a declaración de Renda e Patrimonio 2024 están dispoñibles no calendario da AEAT e son as seguintes:

  • 2 de abril ata 30 de xuño de 2025: presentación por Internet
  • 6 de maio ata 30 de xuño de 2025: a Axencia Tributaria poderá confeccionarche a túa declaración de Renda 2024 por teléfono (solicitude de cita desde o 29 de abril ata o 27 de xuño)
  • 2 de xuño ata o 30 de xuño de 2025: a Axencia Tributaria poderá confeccionarche a túa declaración de Renda 2024 presencialmente nas súas oficinas (solicitude de cita desde o 29 de maio ata o 27 de xuño)

Canto pode supoñer a desgravación por pago de cotas de afiliación a CCOO?

Dependendo da situación persoal, poderás desgravar entre un 20 % e un 35 % das cantidades totais pagadas durante o exercicio 2024.

Onde obteño o certificado de pagamento de cotas sindicais?

Tes varias vías para obter o certificado:

  • Revisa a túa conta de correo (incluída a bandexa de correo non desexado). O certificado envióuselle a toda a afiliación no mes de marzo
  • A través da zona de afiliación da web de CCOO. Podes axudarte co seguinte titorial
  • Contacta cos locais de CCOO Ensino

Recorda que podes sacarlle máis partido á túa afiliación. Hai descontos en moitos produtos e servizos, como formación, universidades, etc.