CCOO denuncia o escaso prazo outorgado polo ministerio para analizar os proxectos de desenvolvemento da lei de ensinanzas artísticas

A data prevista para un estudo da proposta é de apenas unha semana.

Ante a presentación por parte do ministerio do proxecto de real decreto, polo que se establece o calendario de implantación da Lei 1/2024, de 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais e do proxecto de real decreto polo que se regula a composición e funcións do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas, CCOO denuncia o escaso prazo dado, desde o 24 ao 31 de marzo, o que dificultará a súa análise sosegada.

Consideramos que este prazo parece indicar a pouca relevancia que o ministerio concede ao debate sosegado das propostas que fai no ámbito das ensinanzas artísticas.

Incide nesta mesma dirección o feito de que o ministerio tardara nove meses en presentar os primeiros proxectos de desenvolvemento da Lei 1/2024, do 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais (BOE, 8/6/2024) unicamente cunha semana para a súa análise e a presentación de propostas.

Canto á proposta de calendario, CCOO coidamos excesivo delongar o desenvolvemento das disposicións recollidas na lei ata setembro de 2027 e atrasa as medidas concretas de desenvolvemento da lei tres anos desde a súa publicación.

Consulta toda a documentación respecto da lei de ensinanzas artísticas.