1º MAIO: PROTEXER O CONQUISTADO, GAÑAR FUTURO

Facemos un chamamento ao persoal da USC á mobilización en defensa dos dereitos sociais e laborais, e en respaldo ao proxecto europeo como piar de democracia social, convivencia e progreso. Agora máis que nunca, é necesario protexer o conquistado e mobilizarnospara gañar o futuro: Pola redución de xornada, para gañar tempo de vida. Polos salarios, para gañar estabilidade      … Ler máis

Categorías USC

CCOO presenta unha radiografía das principais preocupacións do profesorado

Da man da empresa Demométrica, a Federación de Enseñanza de CCOO elaborou un estudo que recolle as opinións de docentes de centros de titularidade pública e privada concertada para coñecer de preto cales son os desafíos máis urxentes na actualidade e para o futuro.

Prevención e protección da saúde da clase traballadora fronte aos novos retos dixitais e psicosociais

No Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, CCOO e UGT reafirmamos o noso compromiso coa defensa da seguridade e a saúde das persoas traballadoras e mais de espazos seguros e saudables como dereito fundamental. O 28 de abril é unha data de lembranza de todas aquelas persoas que perderon a saúde ou a vida no traballo, pero tamén é unha xornada de reivindicación e demanda á sociedade de máis atención ante este problema.