Chamamos á mobilización este primeiro de maio

Ante os retos laborais, sociais e xeopolíticos

Neste Primeiro de Maio, día dos e das traballadoras, desde CCOO e UGT reivindicamos o sindicalismo internacionalista e solidario para defender os dereitos laborais e sociais globalmente, como ferramenta básica para construír sociedades máis xustas e democráticas. Expresamos a nosa solidariedade coas vítimas de persecución pola defensa deses dereitos e denunciamos os conflitos e violacións internacionais, como a guerra en Ucraína ou a ocupación e ataques en Palestina, reclamando unha intervención internacional activa.

Criticamos a guerra comercial impulsada por Trump, que ameaza o comercio mundial, e chamamos a unha resposta coordinada da Unión Europea. Alertamos do avance da extrema dereita e as súas políticas antisociais e anti-europeas, destacando a necesidade de reforzar unha Europa unida que priorice a xustiza social, o emprego digno, a igualdade e a transición enerxética e dixital.

En España, destacamos a importancia do diálogo social para mellorar salarios, garantir o dereito á vivenda e avanzar na igualdade de xénero. Esiximos a aprobación da xornada laboral máxima de 37,5 horas semanais.

Finalmente, convocamos á mobilización en defensa dos dereitos sociais e laborais e presentamos 15 puntos reivindicativos centrados na redución da xornada laboral, salarios dignos, feminismo, igualdade, negociación colectiva, saúde laboral, democracia, servizos públicos, vivenda, industria, cultura, dereitos humanos, solidariedade e a construción dunha Europa social.

Manifesto: protexer o conquistado, gañar futuro

Actos 1.º de maio

  • SANTIAGO: 12:00 horas desde Alameda hasta Platerías.
  • CORUÑA: 12:00 horas desde a Plaza da Palloza
  • FERROL: 12:00 horas desde Praza do Inferniño
  • LUGO: 12:00 horas desde Pz. Anxo Fernández Gómez (tras do Concello)
  • OURENSE: 12:00 horas desde Rua Progreso diante Salesianos
  • PONTEVEDRA: 11:00 horas, desde Praza da Ferrería
  • VIGO: 11:30, desde Vía Norte
  • VILAGARCIA DE AROUSA: 12:00 horas desde a Plaza de Ravella
  • VIVEIRO: 11:30 horas, edificio sindical