Publicada a resolución provisional de solicitudes PIALE 2025

Prazo para a presentación de reclamacións ou renuncias ata o 8 de maio, incluído.

Consulta a información detallada na web do PIALE.

Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 31 de xaneiro de 2025, faise pública a Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2025. Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o xoves 8 de maio incluído.

A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude.

As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2025, código do procedemento ED305F, e premer en Accións, na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren.

Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.