Facemos un chamamento ao persoal da USC á mobilización en defensa dos dereitos sociais e laborais, e en respaldo ao proxecto europeo como piar de democracia social, convivencia e progreso.
Agora máis que nunca, é necesario protexer o conquistado e mobilizarnos
para gañar o futuro:
- Pola redución de xornada, para gañar tempo de vida. Polos salarios, para gañar estabilidade
- Polo feminismo, para gañar igualdade. Pola igualdade, para gañar liberdade
- Pola negociación colectiva, para gañar dereitos laborais. Pola saúde laboral, para gañar calidade de vida. Polo sindicalismo, para gañar democracia. Pola democracia, para poder respirar
- Polas pensións, os coidados, a educación e a sanidade públicas para gañar benestar
- Pola industria e o campo, para gañar economía produtiva. Pola vivenda, para gañar autonomía
- Pola cultura, para gañar pensamento crítico. Polos dereitos humanos, para gañar solidariedade. Pola solidariedade, para gañar seguridade
- Por unha Europa social contra a barbarie externa e interna
Manifesto: protexer o conquistado, gañar futuro
ACTOS 1º DE MAIO 2025:
- SANTIAGO: Manifestación.12:00 horas dende a Alameda ata Platerías
- LUGO: Acto reivindicativo.12:00 horas dende a Praza Anxo Fernández Gómez (tras do Concello)
- CORUÑA: Manifestación. 12:00 horas dende a Praza Palloza
- VILAGARCIA DE AROUSA: Manifestación. 12:00 horas dende a Praza de Ravella
- FERROL: Manifestación. 12:00 horas dende a Praza do Inferniño
- OURENSE: Manifestación. 12:00 horas dende a Rua Progreso, diante Salesianos
- VIVEIRO- A MARIÑA: Concentración. 11:30 horas
- PONTEVEDRA: Manifestación. 11:00 horas, solo CCOO, dende a Praza da Ferrería