Publicado hoxe no DOG o Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio 2024

Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Persoas que poden solicitalo:

a) Persoal funcionario, incluído o persoal docente.

b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra certas condicións.

c) Profesorado de relixión.

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: https://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social

Prazo: do 28 de abril ao 12 de maio, ambos incluídos

Toda a información en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250425/AnuncioG0597-150425-0011_gl.pdf