CCOO irrompe con forza na Xunta de Persoal de PTXAS da Universidade de Vigo

Os resultados foron históricos: tras anos sen representación neste órgano, CCOO converteuse na segunda forza máis votada, obtendo 6 delegadas e delegados, sendo ademais o sindicato máis apoiado no Campus de Vigo. Este respaldo supón un importante avance para a nosa organización e, sobre todo, unha gran responsabilidade coa que asumimos este novo ciclo.

2 de abril – Concentración pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores

Este mércores 2 de abril, CCOO Ensino convoca unha concentración, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), pola dignidade laboral no sector de Reforma Xuvenil e Protección de Menores.