Curso en liña: produtividade e creatividade na nube con Canva. III edición

Actualización: matrícula pechada, completáronse as prazas.

Grazas polo teu interese na formación de CCOO Ensino.

Aprenderás a utilizar Canva para crear imaxes, infografías, documentos, presentacións e vídeos visualmente atractivos, sen necesidade de experiencia previa en deseño.

Lugar de celebración: Plataforma de teleformación de CCOO Ensino (Moodle). 50 horas.

Datas de celebración: do 7 de abril ata o 1 de xuño de 2025.

Titor: Iván Sánchez Pereira.

Custo: de balde.

Prazas: 50 (13 dispoñibles).

Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Prazo de matrícula: ata completar prazas.

Guía do curso

Formulario de inscrición

Puntos de Competencia dixital docente

  • Área 1: compromiso profesional
    • 1.1. Comunicación organizativa: A1
    • 1.2. Participación, colaboración e coordinación profesional: A1
    • 1.4. Desenvolvemento profesional dixital continuo: A1
  • Área 2: contidos dixitais
    • 2.1. Busca e selección de contidos dixitais: A2
    • 2.2. Creación e modificación de contidos dixitais: A2
    • 2.3. Protección, xestión e compartición de contidos dixitais: A2
  • Área 3: ensino e aprendizaxe
    • 3.1. Ensino: A2
    • 3.2. Orientación e apoio na aprendizaxe: A2
    • 3.3. Aprendizaxe entre iguais: A1