Valoración de inicio de curso 25-26

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora” convocamos hoxe aos medios para facer balance da aplicación das medidas incluídas neste acordo, con motivo do inicio de curso 2025/2026.
O noso balance é sereno e construtivo: recoñecemos avances que xa se notan nos centros, pero tamén sinalamos compromisos aínda pendentes de executar na súa totalidade.

Esiximos á Xunta máis financiamento e salarios dignos para o sector da discapacidade en Galicia

Reclamamos á Xunta actuacións urxentes ante a falta de financiamento e a precariedade no sector da discapacidade. Esiximos o financiamento íntegro das subas salariais do XVI Convenio, un complemento autonómico e un espazo estable de diálogo para garantir servizos de calidade e condicións laborais dignas.

RAOGAL desaparece: outro paso atrás na atención educativa que Galicia necesita

Desde CCOO Ensino expresamos a nosa preocupación e oposición á decisión da Consellaría de Educación de non dar continuidade ao programa RAOGAL para o curso 2025‑2026. A eliminación deste servizo, anunciada sen previo aviso no medio do verán, deixa sen resposta unha parte significativa das necesidades que presentan moitos centros educativos, especialmente aquelas ligadas ao acompañamento do alumnado en situacións de maior vulnerabilidade.

Novidades na negociación do Plan de Igualdade do persoal docente da Consellería de Educación

Hoxe, 31 de xullo, mantivemos unha nova reunión da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade de persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, na que dende CCOO fixéronse as últimas aportacións ao documento de diagnose, a partir do cal se iniciarán as negociacións das medidas concretas a adoptar.

Apoio á mobilización para reclamar o mantemento dunha unidade de educación infantil no CEIP da Pontenova

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do Acordo sobre medidas de mellora no ensino público non universitario, queremos expresar o noso total apoio á mobilización desenvolvida onte en Lugo polas veciñas e veciños da Pontenova diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en defensa do mantemento dos servizos públicos na vila, tanto no eido da sanidade como da educación.

Valoración do Plan para a redución da burocracia nos centros por parte dos sindicatos asinantes do “Acordo sobre medidas de mellora”

Os sindicatos CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP consideramos que o Plan de redución da burocracia nos centros educativos, que vén de presentarse publicamente no día de hoxe, supón un primeiro paso no bo camiño, aínda que reclamamos medidas adicionais para o profesorado. Non obstante, lamentamos o retraso na súa posta en marcha, xa que segundo o punto 7.1 do propio Acordo, este plan debería estar xa operativo durante o curso 2024-2025.